Marea de pellets


A marea de pellets en Galicia refÍrese á gran contaminación por microplásticos (pellets de plástico) que chegou ás costas galegas a finais do ano 2023 e principios de 2024. 

O vertido produciuse tras a perda de varios contedores dun barco mercante que navegaba fronte á costa portuguesa. Un deles contiña sacos cheos de pellets que remataron no océano, espallándose impulsados polas correntes e polo vento ata chegar ás praias galegas. 

Que son os pellets? 

Os pellets (tamén coñecidos como nurdles) son micropárticulas de plástico de entre 2 e 5 milímétros. Son a materia prima coa que se fabrica case calquera obxecto plástico que usamos a diario: envases, botellas, xoguetes, cables, electrodomésticos...

Cal é o impacto ?

A contaminación por microplásticos é hoxe un dos maiores retos ambientais globais. O impacto da marea de pellets non se limita a imaxes de bolsas e bólas brancas nas praias:

- Penetran na area e quedan soterrados.

- Chegan a zonas fondas onde non se pode limpiar.

- Afectan á cadea trófica mariña.

- A fauna mariña confúndeos con alimento, o que provoca problemas dixestivos, intoxicación e mortecinamente en aves, peixes e moluscos.

- Poden acabar no noso prato a través do peixe e marisco.

- Teñen un efecto silencioso: son difíciles de ver, recoller e controlar, polo que algunhas partículas poden  permanecer décenas no ecosistéma.

Diversos investigadores alertan de que, aínda retirando toneladas de area contaminada, é imposible garantir unha limpeza completa. 

Como se limpou este desastre? 

  • Recollida manual con guantes; moitas das tarefas de limpeza foron realizadas por voluntarios que ían a man, recollendo "gran a gran". 

  • Uso de tamices / coladores/ peneiras / cedazos;  dado que os pellets son pequenas boliñas plásticas que se parecen aos grans de area, unha técnica comúns foi pasar a area por tamices ou coladores cun tamaño de burato inferior a 4 mm: a area pasa polos buratos e os pellets quedan retidos no recipiente.

  • Limpieza na beira, en marea baixa; moitas operacións de limpeza optaron por facer a recollida cando a marea estaba baixa ou descendendo, xa que ao subir a marea os plásticos poden estar mesturados coa area ou enterrados.

  • ¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar