O sétimo continente

O chamado mar de plástico do Pacífico, ou sétimo continente, non é unha illa sólida, senón unha ferida flotante que o océano sofre. É unha inmensa sopa de lixo, onde millóns de fragmentos de plástico vagan á deriva como se fosen unha illa que leva alí dende sempre. O problema é que esta "illa" foi creada por nós, sen intención pero con descuido e neglixencia. Alí o mar remexe recordos de obxectos que un día tiveron un dono humano pero agora os únicos donos destes microplásticos son as especies mariñas ao inxerilos. Así, as correntes xiran arredor destes obxectos, fixándoos nun punto, coma se o propio mar estivese xuntando todo material causante da morte nas súas augas para avisarnos de que unha cantidade tan grande non é normal.

https://www.plataformatierra.es/innovacion/aumenta-presencia-plasticos-oceanos  

Que podemos facer?

Para combater o mar de plástico do Pacífico, podemos actuar a distintos niveis. Primeiro, reducir o consumo de plásticos de un só uso e substituílos por alternativas reutilizables ou biodegradables é fundamental. Tamén é importante apoiar e participar en campañas de limpeza de praias e ríos, xa que moitos residuos chegan ao océano desde a terra. A educación ambiental e a concienciación social axudan a que máis persoas adopten hábitos responsables e eviten tirar lixo ao medio. Ademais, as políticas públicas e as regulacións industriais deben fomentar a reciclaxe eficiente e limitar a produción de plásticos innecesarios. Con accións individuais e colectivas podemos frear este problema e protexer a vida mariña e os ecosistemas.

Ligazóns de interese

https://share.google/6aOaSd366tCQ8otnz        

EXPLICACIÓN

https://es.greenpeace.org/es/trabajamos-en/consumismo/plasticos/como-llega-el-plastico-a-los-oceanos-y-que-sucede-entonces/                                            

CÓMO OCURRE

https://www.youtube.com/watch?v=bQ1borgwfD4       

VÍDEO 

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar