O prestige

O prestige foi un barco petroleiro monocasco que levaba crudo, que o  13 de novembro de 2002, nunha tormenta sufriu unha vía de auga, que provocou que este comezara a perder fuelóleo ao mar fronte a costa galega, polo que foi remocado para alonxalo da costa pola decisión do goberno. Posteriormente o 19 de novembro partiu en dous e afundiuse vertendo 60.000 toneladas de crudo, afectando así ás costas portuguesa, francesa e española. Galicia foi dos lugares máis afectados, sendo cuberta por unha espesa marea negra.

 Que especies foron afectadas?

  • Tartarugas bobas: tras o temporal dos días próximos ao afundimento do Prestige apareceron 16 tartarugas, e delas só 5 con vida todas afectadas en maior ou menor grao polo impregnamento do petróleo.
  • Delfíns: dous delfíns foron atopados tras o temporal con petróleo pegado ao seu corpo obstruíndo os seus orificios respiratorios, boca e mucosas xenitais.

  • Nutrias: tras o vertido atopáronse preto da desembocadura de ríos do norte ou dentro das rías galegas, polo menos catro exemplares de nutrias manchadas e na Illa de Arousa unha morta por traumatismo cerebral.

  • Aves mariñas: estímase que morreron unhas 200.000, ademais os centros de rescate atenderon unhas 2.000 e delas só 200 poderon volver ao seu hábitat natural.
  • Moluscos ( mexillóns, lapas, ameixas e coquinas ), equinodermos (erizos de mar) e crustáceos (camaróns, cigalas e percebes) : todos eles foron os máis afectados, houbo unha reducción de exemplaeres por asfixia, hipotermia ou intoxicación, tamén sufriron alteracións fisiolóxicas e provocoulles menor capacidade de reproducción.

 Como se limpou este desastre?

Para extraer todo o fuel posible mediante lanzadeiras, despois utilizouse biorremediación, para tratar os remanentes que quedaban no interior dos tanques. Este método consiste en acelerar a degradación natural dos hidrocarburos engadindo nutrientes que favorecen a proliferación de bacterias autóctonas capaces de degradar o fuel. Aínda así, neste gran desastre o que tivo máis importancia foi a colaboración dos voluntarios, ou ao movemento activista "Nunca máis", que naceu como resposta cidadá a este gran desastre ecolóxico.

Ligazóns de interese

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar