A gran barreira de coral
A gran barreira de coral atópase en Australia e é o arrecife coralino máis grande do mundo, sendo o fogar e fonte de alimento de centos de especies.

Dende fai 39 anos, a barreira coralina está sufrindo branqueamentos, como consecuencia do quencemento da auga, provocado pola crise climática, esto quere dicir que os corais perden os seus cores característicos, xa que as algas simbiónticas que viven no seu interior morren. Aínda que no 2022, logrouse aumentar a súa cobertura, neste verán sufriu o maior declive coralino dende 1986, que é cando comeza a haber rexistros, tendo unha prevalancia alta extrema en tres zonas. A situación é tan grave que se non a logramos frear poderá chegar a un punto de non retorno onde este problema xa non teña solución, xa que o coral deixará de poder rexenerarse novamente.
Este é un problema que debe rematar, xa que a perda desta gran barreira conlevaría a perda de miles de especies de todo tipo, polo que debemos de reclamar aos nosos gobernos que apliquen políticas medioambientais que regulen as emisións de gases de efecto invernadoiro, culpables en gran parte do quencemento global que tanto nos preocupa. Ademais tamén debemos de colaborar individualmente, usando o transporte público, non tirando residuos a auga...
